DO ESTIGMA Á ESTIMA
XERAIS

DO ESTIGMA Á ESTIMA

PROPOSTAS PARA UN NOVO DISCURSO LINGÜÍSTICO

Valentina Formoso Gosende
Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas.
Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente.
Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.
Referencia: 9788499144535
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 320
Formato: -
Año: 2013
Fecha de lanzamiento: 11 de abril de 2013
22.95 €