GALAXIA S.A., EDITORIAL
X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego
Que Xaquín Marín é un dos artistas máis importantes do noso tempo é algo que ninguén discute.
Dende hai décadas leva exercendo un constante e comprometido labor centrado na arte plástica dende moitos puntos de vista. Coñecido polo gran público como humorista gráfico, a súa biografía de artista agocha moitas dimensións. Polifacético, politicamente entregado á causa galega e á defensa dos dereitos humanos, quen se achegue a esta obra descubrirá un home do seu tempo que nunca se agocha, que sempre puxo o seu pincel e a súa mirada crítica ao servizo dunha maneira de ollar e de sentir que o fai merecente, como poucos, do título de Bo e Xeneroso. Félix Caballero revisa, estuda e analiza a súa impresionante obra gráfica, neste libro. Un traballo inmenso para un artista inmenso.

Referència: 9788491511687
Editorial: galaxia s.a., editorial
Idioma: es
Nombre de pàgines: 240
Format: -
Any: 2018
Data de llançament: 1 d’abril del 2018