O PAÍS ADORMENTADO
XERAIS

O PAÍS ADORMENTADO

Xabier P. Docampo
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.
No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.
As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.
Referència: 9788499141046
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 144
Format: -
Any: 2012
Data de llançament: 18 de juny del 2012
13.95 €