O MONSTRO DAS PALABRAS
XERAIS

O MONSTRO DAS PALABRAS

María Reimóndez
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa " normal " , que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.

O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. " A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos " escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
Referència: 9788499140513
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 128
Format: -
Any: 2009
Data de llançament: 12 de novembre del 2009
12.5 €