A Berenguela
GALAXIA S.A., EDITORIAL

A Berenguela

OPERETA PARA VOZ NARRADA E CUARTETO DE CLARINETES SOBRE UN TEXTO DE MANUEL MARÍA

Nani;Manuel María García
A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado.
Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado.
Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa.
Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando?
Referencia: 9788498656770
Editorial: galaxia s.a., editorial
Idioma: es
Número de páginas: 32
Formato: -
Año: 2016
Fecha de lanzamiento: 1 de marzo de 2016
21.3 €