
XERAIS
O REGRESO DOS MAQUIS
Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta anos despois de fuxir de España, os lugares das súas actuacións. Identifican os superviventes, rememoran episodios e botan nova luz sobre uns sucesos arrepiantes e estarrecedores. Carlos G. Reigosa, que os acompaña e conversa con eles, puxo a énfase, sobre todo, no lado humano destes personaxes, sen desdeñar a súa dimensión política nin o seu encadre histórico que coida con esmero. O resultado é este espléndido " libro de viaxe con maquis " , que recolle con fidelidade a peripecia,documentada polo miúdo, duns homes que viviron un tempo inhumano.
Referencia: 9788497820974
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 264
Formato: -
Año: 2004
Fecha de lanzamiento: 20 de febrero de 2004




















