
XERAIS
A ORQUESTRA TERRESTRE
Manu fixo un anuncio na rúa para captar voluntarios e formar unha orquestra. Ao día seguinte xuntouse unha chea de xente na Praza da Solfa, aínda que aconteceu algo extraordinario: ninguén trouxera consigo o instrumento. Todos aqueles músicos voluntarios querían ser directores de orquestra. Na súa procura atoparase cunha violinista chamada Ás Veces, que non para de rañar o sobrazo; cos irmáns Recendetti, que ademais de tocar a trompeta teñen unha cabra que sobe a unha escaleira de tesoira; e con Completo que toca o triángulo, onde sempre pousa un xílgaro...
Referencia: 9788491211464
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 144
Formato: -
Año: 2017
Fecha de lanzamiento: 19 de enero de 2017




















