
XERAIS
PROXECTO BOLBORETA
Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como " Efecto Bolboreta " , acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: " o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo " . Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.
SKU: 9788497828246
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 120
Format: -
Year: 2008
Release date: july 25, 2008




















