XERAIS
GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.
Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación.
Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

SKU: 9788491211501
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 232
Format: -
Year: 2017
Release date: march 9, 2017