AS FLORES DO MEU AMIGO
XERAIS

AS FLORES DO MEU AMIGO

Rafael Fernández Lorenzo
Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero tamén de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición.
As flores do meu amigo é unha amena e documentada novela de fondo histórico, que pon ante os nosos ollos o fascinante mundo medieval dos trobadores e xograres.
SKU: 9788483025239
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 112
Format: -
Year: 2000
Release date: june 19, 2000
10.5 €