ÁLVARO E ÁLVARO
XERAIS

ÁLVARO E ÁLVARO

Xosé Miranda
Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que lle rouba o seu sitio, os seus xoguetes, e, mesmo, o cariño dos seus pais. Mais ó verdadeiro Álvaro ninguén o cre, coa excepción da súa irmá que desconfía do novo.
Outra historia fantástica inesquecible do escritor Xosé Miranda narrada con grande sinxeleza, eficacia e humor. Patricia Castelao, unha das revelacións da nova ilustración galega, dá vida a este simpático personaxe.
SKU: 9788497822145
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 64
Format: -
Year: 2004
Release date: september 29, 2004
12.5 €