
XERAIS
O LIBRO DA EMPANADA
HISTORIA, TRADICIÓN E 107 RECEITAS
A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxóns, de millo con zamburiñas, de vieiras, a costrada, as de cu de tarteira..., son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romerías, nas celebracións domésticas ou nos mellores restaurantes. Por iso é o producto galego máis universal.
Referència: 9788497824187
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 248
Format: -
Any: 2006
Data de llançament: 16 de febrer del 2006




















