Sota comanda Demana abans de les 10:00 per rebre'l demà
Paquiño o galo, Xan o rato e Bartolo o gordecho sempre están dispostos a divertirse en Mulebap: montando en bicicleta, baixo unha fervenza ou descubrindo tesouros no vertedoiro. E aínda que un coche de carreiras é un tesouro fantástico, para estes tres amigos non hai nada mellor que estaren xuntos e compartiren os seus xogos e aventuras cun novo amigo.

" O coche de carreiras " recolle dúas novas das máis coñecidas historias escritas e debuxadas polo alemán Helme Heine, as tituladas " O coche de carreiras " e " A visita " . Dúas divertidas historias dos habitantes da granxa Mulebap, unha granxa tan grande que nela hai lugar para todos; pero unha granxa, á vez, tan pequena que ata nos corazóns máis pequenos atopa lugar. Mulebap non lle pertence a ningúen igual que o sol e o aire non lle pertencen a ninguén. Mulebap pertence a calquera igual que o mundo nos pertence a todos.
Referència:
9788497820400
Editorial:
Xerais
Idioma:
espanyol
Nombre de pàgines:
72
Data de llançament:
2 de setembre del 2003
9,95 €