
Sota comanda
Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a " acta " orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977).
- Referència:
- 9788497825313
- Editorial:
- Xerais
- Idioma:
- espanyol
- Nombre de pàgines:
- 616
- Data de llançament:
- 19 de febrer del 2007
