A TERRA CANTADA
XERAIS

A TERRA CANTADA

Camilo Nogueira
Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , " O comezo do mundo " , o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, " Provincia ou nación " (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, " A memoria e a amnesia " (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, " Unha revolución histórica " (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, " O imperio declinante " (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década).
Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.
Referència: 9788497824293
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 408
Format: -
Any: 2006
Data de llançament: 15 de març del 2006
24.5 €