A CACERÍA
XERAIS

A CACERÍA

Amadeo Cobas
Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.
Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar.
A cacería é unha narración épica de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe. Unha novela que respecta as convencións do xénero de fantasía heroica para propoñer unha reflexión sobre a conformación da identidade do heroe.
Referència: 9788499149813
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 136
Format: -
Any: 2016
Data de llançament: 18 de febrer del 2016
13.5 €