
XERAIS
XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e o humor, esta novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008, ilustrada por Fernando Llorente, foi definida polo xurado como " un trhiller psicolóxico " que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe.
Referencia: 9788499141893
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 168
Formato: -
Año: 2011
Fecha de lanzamiento: 13 de enero de 2011




















