XELO, O CARTEIRO XURELO
XERAIS

XELO, O CARTEIRO XURELO

Mau
A nova colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega.
Xelo, o carteiro xurelo, está protagonizado por algunhas das nosas especies máis emblemáticas da nosa fauna mariña (o polbo, o linguado, o rodaballo, o peixe sapo, a sardiña...), presentando diversos obxectos de uso cotián e algúns dos espazos naturais protexidos da nosa beiramar (as dunas de Corrubedo, a praia das Catedrais, a Lanzada, a praia de Carnota...).
Cada un dos volumes complétase cun epílogo, " ¿Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.
Referencia: 9788497829137
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 32
Formato: -
Año: 2008
Fecha de lanzamiento: 10 de octubre de 2008
8.95 €