UNHA NOITE CON CARLA
XERAIS

UNHA NOITE CON CARLA

Aníbal C. Malvar
En palabras do autor con esta novela
" pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que remataron co suicido dun político de segunda fila no cárcere " .
A novela, enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapainoxado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada. A todas luces, unha obra moi recomendable.
Referencia: 9788475079608
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: -
Formato: -
Año: 1995
Fecha de lanzamiento: 15 de diciembre de 1995
17.5 €