
Bajo pedido
Logo do éxito de Versos para conversar, no que se achegaba dende a poesía á xente cativa, Xoán Carlos Domínguez Alberte ofrécenos agora unha nova achega poética pensada para a xuventude. Porque elas e eles non son alleos á poesía e merecen textos delicados e atrevidos coma este libro que tes nas mans. O autor sorpréndenos, ademais, cun libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e ós mozos proporcionará momentos de gozo lector.
- Referencia:
- 9788491511533
- Editorial:
- Galaxia S.A., Editorial
- Idioma:
- español
- Número de páginas:
- 64
- Fecha de lanzamiento:
- 1 de enero de 2018
