OS MEGATOXOS E O DRAGÓN DE XADE
XERAIS

OS MEGATOXOS E O DRAGÓN DE XADE

Anxo Fariña
Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador.
Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado. Chegarán a tempo para impedir que unha moza case por obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia de gran poder. Iso, se unha perigosa banda de ninjas ou un misterioso dragón, non aparecen para mudalo todo.
Loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos, amor, traizón... e un Toxo mutante que garda unha chea de sorpresas.
Referencia: 9788499147338
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 200
Formato: -
Año: 2014
Fecha de lanzamiento: 24 de agosto de 2014
14.9 €