OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA
XERAIS

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA

Anxo Fariña
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.
Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos se mesturan nunha situación que porá a proba a súa amizade.
Referencia: 9788499142715
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 192
Formato: -
Año: 2012
Fecha de lanzamiento: 2 de julio de 2012
14.9 €