
XERAIS
KID SALVAXE
Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»- que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo». Por algo Bob Dylan acabou recoñecendo que fora a poesía de Kerouac a que o impulsara a dedicarse ao mundo da troba. E por algo e por todo debemos nós agora adentrarnos na vida das palabras que foi tecendo Carlos Reigosa.
Referencia: 9788499146829
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 104
Formato: -
Año: 2014
Fecha de lanzamiento: 6 de abril de 2014




















