FÓRA DE SI
XERAIS

FÓRA DE SI

Suso De Toro
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada.
Suso de Toro ofrece en " Fóra de si " unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como " Calzados Lola " , " A sombra cazadora " , " Home sen nome " ou " Sete palabras " . A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.
Referencia: 9788491213147
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 224
Formato: -
Año: 2018
Fecha de lanzamiento: 8 de febrero de 2018
18.95 €