DRAGONA
XERAIS

DRAGONA

Xavier Queipo
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha " novela de personaxes " . Nunha cidade sumidoiro, cualificada polo autor como " A cidade do esteiro " , desenvólvese a vida dunha serie de personaxes atípicas chegadas dos catro cantos do mundo, que transitan entre a desesperación e a lubricidade, entre o comportamento fútil e as paixóns máis primarias. Dragona é unha novela con banda sonora e recreación no terreo se cada máis inexplorado da narrativa galega, aquel que analiza con precisión de cirurxián os sentimentos e as paixóns coma se fosen tecidos dun corpo único. Esta novela marca, para o autor, un antes e un despois na súa procura constante, na procura do que non se ve, deses lindeiros da incerteza, o que Cortázar chamaba " o outro lado " . Dragona é unha parábola do futuro que nos espera, que está aí, que xa chega.
Referencia: 9788497824903
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 304
Formato: -
Año: 2007
Fecha de lanzamiento: 5 de febrero de 2007
20.95 €