CONVERSAS CON SUSO DE TORO
XERAIS

CONVERSAS CON SUSO DE TORO

Antonio Pedrós-Gascón
Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega. A reflexión sobre a ansia de narrar, a experien-cia vivificante como lector, o diálogo coa creación e o tempo contemporáneo, ou a permanente busca de sentido e trascendencia á propia vida constitúen algúns eixos temáticos dun libro onde a biografía e a obra literaria de Suso de Toro vanse entretecendo como saba de liño. Acompáñase o libro de varios textos inéditos, como os seus primeiros relatos, publicados aos dezaseis anos, ou as " Media docena de vidas " , modestas autobiografías que retratan as diversas máscaras do autor de ficción e ensaísta para que cada lector escolla a quela que mellor conveña.
Referencia: 9788497823739
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 352
Formato: -
Año: 2005
Fecha de lanzamiento: 7 de noviembre de 2005
23.5 €