XERAIS
A TORRE DAS LAVERCAS
A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores.
Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade.
Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre. O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: -Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.

Referencia: 9788499143439
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 208
Formato: -
Año: 2012
Fecha de lanzamiento: 3 de abril de 2012