
XERAIS
A GARDERÍA DE DONA BIXELMINA
Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en seme-llante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades conta-xiosas que se producen nas primeiras idades.
Referencia: 9788497823678
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 32
Formato: -
Año: 2005
Fecha de lanzamiento: 8 de noviembre de 2005




















