A ledicia de ler
GALAXIA S.A., EDITORIAL

A ledicia de ler

Carlos Casares
Esta compilación de máis de catrocentos artigos permite reconstruír a memoria lectora da sociedade galega a través dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler.
Con este título convidou a unha sociedade galega que saía de corenta anos de ditadura a abrir as fiestras á luz da intelixencia. Segundo escribiu o autor de O sol do verán, a súa intención era “fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular”. Velaquí unha achega imprecindible non só para completar a obra xornalística do escritor senón tamén para coñecer e comprender en profundidade a súa concepción da literatura.
Referencia: 9788491510970
Editorial: galaxia s.a., editorial
Idioma: es
Número de páginas: 824
Formato: -
Año: 2017
Fecha de lanzamiento: 1 de noviembre de 2017
31.35 €