QUEN ME QUERE ADOPTAR?
XERAIS

QUEN ME QUERE ADOPTAR?

Fina Casalderrey
Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: " ¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos. " ¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey é un libro que propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿É posible adoptar un avó? A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.
Referencia: 9788497823593
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 64
Formato: -
Año: 2005
Fecha de lanzamiento: 19 de octubre de 2005
10.5 €