O XIRO
XERAIS

O XIRO

Noelia Gómez
Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.
O xiro é o primeiro poemario dunha au­tora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra.
ANTÍA OTERO
Referencia: 9788491214571
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 72
Formato: -
Año: 2018
Fecha de lanzamiento: 15 de noviembre de 2018
14.5 €