LÚAS DE NÁCARA
XERAIS

LÚAS DE NÁCARA

Fina Casalderrey
O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo... Lúas de nácara, o último libro de Fina Casalderrey dentro da colección Fóra de Xogo, son cinco relatos unidos todos eles por estar feitos coa materia dos soños, do amor e da soidade, ambientados nesas horas de nácara en que as sombras cobran luz. Un libro para os lectores e lectoras que se atreven a sorprenderse e emocionarse.
Referencia: 9788483029633
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 136
Formato: -
Año: 2003
Fecha de lanzamiento: 5 de marzo de 2003
14.9 €