
XERAIS
VERMELLA CON LOBOS
Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de " Carapucha vermella " , " Peter Pan " , " As mil e unha noites " , " A sereíña " , " Bucles de ouro " ou " Os tres osiños " , " Brancaneves " , " A bela dormente do bosque " , " Cincenta " , " Barba azul " e " Alicia no país das marabillas " . Novos contos totalmente afastados dos contidos misóxinos, reaccionarios e pouco liberadores das versións primitivas que os provocaron; historias, tan distintas das aprendidas como as deu a vida, cosidas todas elas por fíos libertarios de homenaxes e repudios. Contos que expresan nesa vontade de cambio a verdade, verdade viva de ficcion.
SKU: 9788497821803
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 96
Format: -
Year: 2004
Release date: july 13, 2004




















