Backorder
Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das " faíscas da esperanza " das que falou Walter Benjamín. Manuel O´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do " home rebelde " de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos " meniñeiros " , os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: " Quen lle teña medo ao mar que non embarque! "
SKU:
9788497828505
Publisher:
Xerais
Language:
Spanish
Number of pages:
296
Release date:
June 25, 2008
€22.50