XERAIS
O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente.
Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.

SKU: 9788499144368
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 160
Format: -
Year: 2012
Release date: september 11, 2012