DRAGAL III
XERAIS

DRAGAL III

A FRATERNIDADE DO DRAGÓN

Elena Gallego Abad
Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.
Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente.
Será daquela, no momento en que a luz da lúa chea se bañe no interior do ovo alquímico, cando se perpetuará a estirpe do dragón.
Visita interiora Terrae rectificando invenies occultum lapidem...
SKU: 9788499142708
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 320
Format: -
Year: 2012
Release date: june 18, 2012
13.95 €