DOS DÍAS ESCUROS
XERAIS

DOS DÍAS ESCUROS

María Carmen Caramés Gorgal
A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión. Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxio pero tamén a paixón para afrontar a loita.
A resistencia non é de balde, con todo, e sempre quedará o sinal de cada negación, dos ollos indiferentes que non quixeron ver, da man desafecta que non acudiu, da súplica silenciosa que ninguén escoitou... Nunca a reconstrución será completa.
SKU: 9788499148144
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 64
Format: -
Year: 2015
Release date: february 12, 2015
14.5 €