COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
XERAIS

COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

Carlos Callón
En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».
A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos.
Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.
SKU: 9788499142876
Publisher: xerais
Language: es
Number of pages: 208
Format: -
Year: 2011
Release date: july 19, 2011
20.5 €