
XERAIS
A VIDA DO OUTRO
A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello. Por iso se revolve contra o que é -e contra o que os demáis queren que sexa-, para ousar converterse en si mesmo e recoñecerse como tal. A vida do outro ten o celme da vida e da Historia. Nas súas páxinas alenta o misterio que nos transubstancia en buscadores da felicidade, ás veces por vieiros de extravío. Carlos G. Reigosa atina ó profundar nas chaves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa. Quizais porque ás veces é a doutro. Inevitablemente. Esta novela gañou o XX Premio de Novela Torrente Ballester (2008).
Referència: 9788499140025
Editorial: xerais
Idioma: es
Nombre de pàgines: 264
Format: -
Any: 2009
Data de llançament: 28 de maig del 2009




















