FAFARRAIOS
XERAIS

FAFARRAIOS

Gloria Sánchez
O fío conductor desta obra son os números -ou fafanúmeros-, que nos levan polos trinta e tres poemas que constitúen este libro.
Unha parte desas composicións baséase fundamentalmente no ritmo e na musicalidade; outras pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros, ou recrean contos de reís e princesiñas; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos; outras, en fin, abordan o consumismo ou a ecoloxía.
O conxunto resulta un libro ben construído, que emprega recursos da literatura popular de tradición oral en perfecta simbiose coas técnicas máis actuais, polo que supón unha excelente aproximación á poesía para os primeiros lectores.
Referencia: 9788497822695
Editorial: xerais
Idioma: es
Número de páginas: 48
Formato: -
Año: 2005
Fecha de lanzamiento: 3 de noviembre de 2005
9.95 €